Área de Benestar, Saúde e Deporte
TARXETA PONTE EN FORMA
Tempada: 2016-2017
Campus: VIGO

Bloque: XERAIS
Tipo: Saúde e Deporte
INSCRICIÓNS
- Horas ECTS 30,00  
INFORMACIÓN
A tarxeta Ponte en Forma proporciona acceso a un plan cuadrimestral de exercicio físico personalizado en función do estado físico actual e dos obxectivos de cada usuario/a. Durante o desenvolvemento deste programa a persoa usuaria contará cun seguimento técnico e médico deportivo individualizado que lle permitirá ir adaptando o seu programa de exercicio aos progresos que vaia realizando.

> Persoas destinatarias:
- Persoas sen experiencia no fitness ou na actividade física en xeral que desexan iniciarse no exercicio físico saudable dun xeito seguro e axeitado.
- Persoas con algún tipo de patoloxía ou enfermidade que necesitan dun asesoramento técnico especializado para realizar a súa práctica deportiva (dores de costas, cardiopatías, rehabilitación de lesións, etc).
- Persoas que precisan dun seguimento personalizado para conseguir mellorar os seus resultados de adherencia ao exercicio físico.

> Posibles obxectivos dos programas de exercicio:
- Favorecer o cambio de hábitos e a adopción de estilos de vida máis saudables.
- Mellorar a condición física saudable e a calidade de vida.
- Mellorar a imaxe corporal.
- Controlar ou reducir os factores de risco cardiovascular (hipercolesterolemia, hipertensión, obesidade, sedentarismo, etc.).
- Mellorar as doenzas posturais e osteo-musculares.
- Contribuír a recuperación de lesións e a readaptación funcional.
- Complementar a preparación deportiva (prevención de lesións, mellora do rendemento, preparación de probas deportivas específicas, etc).

> Prestacións da Tarxeta Ponte en Forma:
- Todas as vantaxes incluídas na Tarxeta Deportiva Universitaria
- Dúas revisións médico-deportivas gratuítas.
Inicial: para coñecer o punto de partida do usuario (historia clínica, exploración física e ortopédica, podoscopia, medición de tensión arterial, electrocardiograma, espirometría e control antropométrico).
Final ou de Seguimento (cada 4 meses avalíase a efectividade do programa a través da evolución dos parámetros asociados a unha condición física saudable: antropometría, forza-resistencia muscular, flexibilidade, equilibrio e resistencia cardiorrespiratoria).- Deseño de programas de exercicio físico en función dos obxectivos e do estado de forma de cada usuario/a con seguimento personalizado ao longo de todo o seu desenvolvemento.
- Posibilidade de obter dous créditos de libre elección ou 1 crédito ECTS no caso de cumprir cos criterios establecidos de asistencia (30 sesións de adestramento na sala cardiofitness + dúas revisións médicas) e de aprendizaxe.

> Cómo comezar?
1.- Realiza a inscrición e o pagamento do programa a través desta web.
2.- Fai a reserva da túa cita médica inicial (a través do menú Miña conta/Historico/Entradas/Nova sesión/Revisión Medica básica ou tamén de Unidades de Saúde / Medicina Deportiva / Revisión Medica Básica)
3.- Achégate á sala cardio fitness do teu campus e realiza a entrevista inicial co noso persoal técnico para establecer os obxectivos e as características básicas do teu programa personalizado de adestramento.

> Máis información e contacto
Tlf: 986 812 182
Correo electrónico: deportes@uvigo.es

FOTOS
ACTIVIDADES GRATUITAS
Tempada Campus Bloque Tipo Nome Data Inicio Data Fin
2017-2018 VIGO ACTIVIDADES ESCOLAS DEPORTIVAS Escalada en rocódromo (curso de iniciación) 18/09/2017 02/12/2017 Ver +
2017-2018 VIGO ACTIVIDADES FITNESS Cross training / HIIT 18/09/2017 31/05/2018 Ver +
2017-2018 VIGO ACTIVIDADES FITNESS Fitness express 01/09/2017 31/07/2018 Ver +
2017-2018 VIGO ACTIVIDADES FITNESS Ioga 18/09/2017 31/05/2018 Ver +
2017-2018 VIGO ACTIVIDADES FITNESS Running saudable 01/09/2017 30/06/2018 Ver +
2017-2018 VIGO ACTIVIDADES FITNESS Sala Cardio-Fitness - Entrada Individual 01/09/2017 31/08/2018 Ver +
2017-2018 VIGO ACTIVIDADES MEDIO NATURAL Bicicletas BTT 01/09/2017 31/08/2018 Ver +
2017-2018 VIGO ACTIVIDADES OUTRAS Train & Talk 18/09/2017 31/05/2018 Ver +
2017-2018 VIGO ACTIVIDADES USO LIBRE Atletismo - Entrada individual 01/09/2017 31/08/2018 Ver +
2017-2018 VIGO ACTIVIDADES USO LIBRE Entrada fitness - múltideporte (sala cardiofitness, actividades dirixidas, pista de atletismo, bicis BTT e rocódromo) 01/09/2017 31/08/2018 Ver +
2017-2018 VIGO ACTIVIDADES USO LIBRE Escalada libre 01/09/2017 31/08/2018 Ver +
ACTIVIDADES CON DESCONTOS
Tempada Campus Bloque Tipo Nome Data Inicio Data Fin
2017-2018 ACTIVIDADES MEDIO NATURAL Flyboard 30/09/2017 22/04/2018 Ver +
2017-2018 ACTIVIDADES MEDIO NATURAL Kaiak + Snorquel + Andaina 07/10/2017 15/04/2018 Ver +
2017-2018 ACTIVIDADES MEDIO NATURAL Marcha Nórdica 22/04/2018 29/04/2018 Ver +
2017-2018 ACTIVIDADES MEDIO NATURAL PaddleSurf 30/09/2017 29/04/2018 Ver +
2017-2018 ACTIVIDADES MEDIO NATURAL Parapente 05/05/2018 05/05/2018 Ver +
2017-2018 ACTIVIDADES MEDIO NATURAL Pontismo 05/05/2018 19/05/2018 Ver +
2017-2018 ACTIVIDADES MEDIO NATURAL Rafting 29/09/2017 29/04/2018 Ver +
2017-2018 ACTIVIDADES MEDIO NATURAL Surf 02/10/2017 23/04/2018 Ver +
2017-2018 ACTIVIDADES MEDIO NATURAL Wakeboard 09/10/2017 30/04/2018 Ver +
2017-2018 ACTIVIDADES MEDIO NATURAL Windsurf 27/09/2017 04/04/2018 Ver +
2017-2018 VIGO ACTIVIDADES ESCOLAS DEPORTIVAS Tenis - Iniciación e perfeccionamento 18/09/2017 31/05/2018 Ver +
2017-2018 VIGO UNIDADES DE SAÚDE FISIOTERAPIA Fisioterapia 11/09/2017 17/06/2018 Ver +
2017-2018 VIGO UNIDADES DE SAÚDE MEDICINA DEPORTIVA Revisión Médico-Deportiva Avanzada 13/09/2017 20/06/2018 Ver +
2017-2018 VIGO UNIDADES DE SAÚDE MEDICINA DEPORTIVA Revisión Médico-Deportiva Básica 13/09/2017 20/06/2018 Ver +
2017-2018 VIGO UNIDADES DE SAÚDE NUTRICIÓN E DIETÉTICA Consulta dietética 13/09/2017 20/06/2018 Ver +
Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
Vigo extension@uvigo.es 986 813 626 | Ourense asc-ou@uvigo.es 988 387 102 | Pontevedra asc-po@uvigo.es 986 801 949
Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal