Área de Benestar, Saúde e Deporte
KAIAK + SNORQUEL + ANDAINA
Tempada: 2017-2018

Bloque: ACTIVIDADES
Tipo: MEDIO NATURAL

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
Kaiak / Andaina - Alumnado ou persoal da Agrupación de I+D Campus do Mar ACREDITACIÓNS - Campus do Mar - Alumnado ou persoal da Agrup. I+D Campus do Mar 10,00 €
Kaiak / Andaina - Comunidade universitaria con abono Muver ALUMNADO,PAS,PDI,ASIMILADO/A UVIGO DEPORTE - Saúde e Deporte 7,00 €
Kaiak / Andaina - Comunidade universitaria Uvigo ALUMNADO,PAS,PDI,ASIMILADO/A UVIGO 10,00 €
Kaiak / Andaina - Voluntarios/as Campus do Mar ACREDITACIÓNS - Campus do Mar - Voluntario/a Campus do Mar 7,00 €
KAIAK + SNORQUEL + ANDAINA:  
- Horarios:
Sábado de 11:30 h a 14:00 h
- Lugar: Illa de San Simón
- Máx. Inscricións 27   Mín. Inscricións 20
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
1.- Entidade colaboradora: Marexada.

2.- Lugar de celebración: Illa de San Simón.

3.- Persoas destinatarias: Comunidade universitaria Uvigo e persoas pertencentes ás institucións que forman parte da Agrupación de I+D do Campus do Mar.

4.- Inscricións: As persoas farán primeiro unha pre-inscrición a través desta web. En canto se chegue ao número minimo de persoas necesario para conformar o grupo, as quen fixera a pre-inscrición recibirá un correo electrónico para que faga o pagamento nun prazo máximo de 48 h. No caso de non facelo, perderá o dereito a reserva da dita praza.

5.- Punto de encontro: A actividade non inclúe o transporte. As persoas participantes presentaranse ás 11:30 h na Praia de Cesantes (Redondela) para o reparto de material e explicación da actividade, con introducción á navegación en kaiak.

6.- Horarios: a actividade comeza ás 11.30 h e ten unha duración aproximada de 2 h.

7.- Información complementaria:
- Hai que levar chanclas, bañador e toalla. O resto do material (licra, neopreno, chaleco salvavidas, gafas e aletas) corre a cargo da organización.

- A actividade inclúe unha andaina pola propia Illa de San Simón e snorquel nos arredores da illa.

- A actividade consiste nunha travesía/excursión en kaiak pola enseada de San Simón realizando diferentes paradas de interese entre as que destaca: a estatua de Xulio Verne e a lenda do Nautilus, visitaremos as dependencias da illa a través dun percorrido guiado polas súas instalacións, no que a través dos diferentes edificios realizaremos un percorrido histórico por este ben de interese cultural, a súa importancia para a cidade de Vigo e o seu posicionamento estratéxico nas batallas de Rande, para acabar faremos unha pequena parada nos illotes de San Bartolomé e San Norberto e coñecer a auténtica lenda dos naufraxios de Rande.


FOTOS
Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
Vigo extension@uvigo.es 986 813 626 | Ourense asc-ou@uvigo.es 988 387 102 | Pontevedra asc-po@uvigo.es 986 801 949
Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal