Área de Benestar, Saúde e Deporte
RUTA 11: PRAIA DAS CATEDRAIS
Tempada: 2017-2018

Bloque: ACTIVIDADES
Tipo: RUTAS CULTURAIS

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
Ruta cultural de 1 día - comunidade universitaria Uvigo ALUMNADO,PAS,PDI,ASIMILADO/A UVIGO 12,00 €
Ruta cultural de 1 dia - persoas non universitarias TITULADO/A,NON UNIVERSITARIO/A,FAMILIAR UVIGO 18,00 €
Ruta gratuíta abono rutas culturais 10 sesións ALUMNADO,PAS,PDI,ASIMILADO/A UVIGO RUTAS CULTURAIS - 10 rutas 0,00 €
Ruta gratuíta abono rutas culturais 5 sesións RUTAS CULTURAIS - 5 rutas 0,00 €
SAÍDA DENDE OURENSE:  
- Horarios:
O horario exacto de saída confirmarase por email o venres anterior á cada ruta.
- Lugar:
- Máx. Inscricións 55  
- Horas ECTS 7,50  
SAÍDA DENDE PONTEVEDRA OU VIGO:  
- Horarios:
O horario exacto de saída confirmarase por email o venres anterior á cada ruta.
- Lugar:
- Máx. Inscricións 55  
- Horas ECTS 7,50  
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
1.- Distancia: 18 km.

2.- Dificultade: media.

3.- Notas específicas sobre a ruta:
A ruta inclúe paradas interpretativas ao longo do percorrido, visita incluída á fermosa
praia das catedrais.
Ao remate da ruta existirá a posibilidade de bañarse na praia. levar traxe de baño, toalla,
sandalias, etc.

4.- Inscricións:
- As inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada.
- Existe tamén a posibilidade de adquirir bonos de 5 ou 10 rutas a un prezo máis reducido ainda que estas persoas deberán inscribirse igualmente ás diferentes rutas ás que vaian a aistir para confirmar a súa praza.

5.- Outra información xeral de interese:

- Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración.

- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Bekas), Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) e Vigo (rúa do Areal, nº46). As horas de saída exactas comunicaranse por correo electrónico o venres anterior a cada ruta aínda que oscilarán sempre entre ás 07:00 h e 09:00 h da mañá.

- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas, agás a 4, as persoas participantes levarán a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc.).

- Organizarase o III Concurso Fotográfico das Rutas Culturais cunha convocatoria por cada cuadrimestre.

- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue

FOTOS
Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
Vigo extension@uvigo.es 986 813 626 | Ourense asc-ou@uvigo.es 988 387 102 | Pontevedra asc-po@uvigo.es 986 801 949
Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal