Área de Benestar, Saúde e Deporte
HAPPYGORUNNING - CIDADE UNIVERSITARIA 2019
Tempada: 2018-2019

Bloque: ACTIVIDADES
Tipo: EVENTOS

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
Andaina HappyGoRunning 4,00 €
Carreiras HappyGoRunning - Comunidade universitaria Galaico - Duriense ACREDITACIÓNS - Universidades - Alumnado ou persoal das universidades Galaico-Durienses 5,00 €
Carreiras HappyGoRunning - Comunidade universitaria Uvigo ALUMNADO,PAS,PDI,ASIMILADO/A UVIGO 5,00 €
Carreiras HappyGoRunning - Persoas externas 7,00 €
Carreiras HappyGoRunning - Sección Deportiva Uvigo de atletismo DEPORTE - Sección deportiva Uvigo - Carreiras populares Uvigo 0,00 €
ANDAINA:  
- Horarios:
Sábado de 16:00 a 19:00
- Lugar: Universidade de Vigo - Campus Lagoas - Marcosende
- Idades: Nacidos ata o 31/12/2006
- Máx. Inscricións 200  
CARREIRA - 10 KM:  
- Horarios:
Sábado de 17:30 a 19:00
- Lugar: Universidade de Vigo - Campus Lagoas - Marcosende
- Idades: Nacidos ata o 31/12/2001
- Máx. Inscricións 650  
CARREIRA INICIACIÓN - 6,6 KM:  
- Horarios:
Sábado de 17:30 a 19:00
- Lugar: Universidade de Vigo - Campus Lagoas - Marcosende
- Idades: Nacidos ata o 31/12/2001
- Máx. Inscricións 150  
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
1.- Que é?

A carreira/andaina HappyGoRunning - Cidade Universitaria é unha iniciativa da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo na que colaboran entidades como o Concello de Vigo, o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia e a Fundación Galega contra o Narcotráfico.

A carreira de 10 k formará parte do Circuíto RunRun Vigo de Carreiras Populares de xeito que as persoas inscritos/as nesta distancia quedarán inscritos automaticamente no circuíto RunRun Vigo.

Consulta ao pé desta web o Regulamento da HappyGoRunning 2019 para aclarar todas as túas dúbidas sobre a normativa do evento.

2.- Quen pode participar?

As inscricións están abertas a calquera persoa sen problemas de saúde e nadas no ano 2001 ou anteriores, no caso da carreira, ou no ano 2006 ou anteriores, no caso da andaina.

3.- Distancias e circuítos

As carreiras desenvólvense sobre un circuíto de 3.333 m. que transcorre entre os vieiros interiores do Campus e a entrada á Cidade Deportiva do Círculo Mercantil e Industrial de Vigo.

As persoas participantes escollerán algunha destas distancias:
- 6.6 km. (dúas voltas ao circuíto)
- 10 km. (tres voltas ao circuíto)

O recorrido da andaina terá 10 km de distancia e transcorrerá polo entorno do Campus Universitario.

4.- Cómo inscribirse?:

As inscricións efectuaranse exclusivamente a través desta web. O prazo estará aberto ata as 23:59 h do mércores 24 de abril (límite de prazas: 1000).

- Se aínda non tes conta, crea unha no siguiente enlace CREAR CONTA. Recibirás un correo cun enlace para activala.
- Se xa tes unha conta de usuario/a, podes recuperar a contrasinal no seguinte enlace ESQUECÍN A MIÑA CLAVE
- Inicia sesión na túa conta de usuario/a a través dalgún dos seguintes enlaces: AUTENTICACIÓN PERSOAS EXTERNAS ou AUTENTICACIÓN COMUNIDADE UVIGO
- Fai click no boton azul de INSCRICIÓN desta web na modalidade na que desexes inscribirte (andaina, carreira 10 k ou carreira 6,6 k).
- Cubre o formulario de "información complementaria". Este cuestionario poderédelo modificar directamente na web ata a data limite de las inscricions.
- Fai o pagamento da túa inscrición.
- Comproba no menú Miña conta / histórico / cotas que a inscrición figura correctamente pagada (se non che aparece filtra polas cotas con estado "pagado").
- En 24 h laborables como máximo, se o pagamento esta correctamente pagado, chegarache tamén un email de confirmación da inscrición ao teu correo electrónico.
- Unha vez recibido este email poderás comprobar ao pé desta web que figuras no listado de persoas inscritas.

* Se pertences a algúnha das Universidades Galaico - Durienses que non sexa a Uvigo, ponte en contacto co Servizo de Deportes da túa Universidade para informarte de como realizar a inscrición.

5.- Formas de pagamento:

- Online con tarxeta bancaria a través desta web.
- Imprimindo a folla de autoliquidación e pagándoa a través da banca online, dun caixeiro ou dunha sucursal bancaria dalguna das entidades colaboradoras: Caixabank, Banco Santander o Abanca.

6.- Achega solidaria

- 1 € de cada inscrición será destinado a un proxecto solidario da Fundación Galega contra o Narcotráfico.

7.- Acreditación, recollida de dorsais, resultados e clasificacións:

- A acreditación da andaina e a recollida de dorsais das carreira comezará ás 15:00 no Teatro Vidal Bolaño da Área Comercial Cidade Universitaria. Para a andaina rematará ás 15:45 h e par as carreiras ás 17:00 h.

Os números de dorsal así como os resultados e clasificacións poderedes consultalos na web de Championchipnorte.

8.- Premios e agasallos:

- Clasificación Xeral: outorgarase un agasallo ás tres primeiras persoas clasificadas de cada xénero na carreira 10 k
- Clasificación Universitaria Galaico-Duriense: outorgarase un agasallo as vinte persoas do campus gañador que acaden unha mellor puntuación nesta clasificación (consultar regulamento específico da Carreira Universitaria ao pé desta web).
- Clasificación por centros da Universidade de Vigo: outorgarase un agasallo as persoas da Escola ou Facultade gañadora da competición por equipos (consultar regulamento específico da carreira por equipos ao pé desta web).
- A entrega realizarase no Teatro Vidal Bolaño de Cidade Universitaria ás 19:00 h. e haberá sorteo de agasallos entre todas as persoas asistentes.

9.- Accesos ao campus e outros servizos (ver planos explicativos máis abaixo):

- Recoméndase acceder ao campus por Castrelos-Valladares (vial da Universidade) e utilizar os aparcadoiros de dereito economico, telecomunicacións ou CACTI.
- A Estrada das Plantas estará cortada a altura de Viveiros Adoa a partir das 16:30 h polo que, quenes accedan por esta ruta, deberán tomar o desvío alternativo polo Camiño do Monte ata San Cosme que implica uns 20 min mais de traxecto aproximadamente.
- Os vestiarios masculinos estarán situados no paviilón universitario e os femininos na piscina universitaria (SOOM CDU Vigo).
- Haberá servizo de ludoteca na cafetería Leonardo da Vinci de 16:00 a 19:00 con posibilidade para os nenos/as de participar nunha actividade na piscina (necesario traer traxe de baño e gorro).
- Poderase comer por só 5 € no restaurante Di LaMama situado na Área Comercial de Cidade Universitaria SA (2 menús a escolller). Non é necesaria a reserva previa.

10.- Voluntariado:

Se queres participar no evento como persoa voluntaria e colaborar coa organización da proba podes consultar toda a información e inscribirte no seguinte enlace Voluntariado da HappyGoRunning - Cidade Universitaria.

11.- Mais información e contacto:

- Correo electrónico: extension@uvigo.es
- Atención presencial: Sección de Extensión Universitaria. Edificio Miralles. Campus Lagoas-Marcosende s/n. CP 36310 Vigo (Pontevedra)

FOTOS
ARQUIVOS
INSCRICIÓNS
INSCRITOS GRUPO ANDAINA
Número Data Insc. Apelidos Nome
INSCRITOS GRUPO CARREIRA - 10 KM
Número Data Insc. Apelidos Nome
INSCRITOS GRUPO CARREIRA INICIACIÓN - 6,6 KM
Número Data Insc. Apelidos Nome
Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
Vigo extension@uvigo.es 986 813 626 | Ourense asc-ou@uvigo.es 988 387 102 | Pontevedra asc-po@uvigo.es 986 801 949
Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal
{