Área de Benestar, Saúde e Deporte
HAPPYGORUNNING - CIDADE UNIVERSITARIA 2017
Tempada: 2016-2017

Bloque: ACTIVIDADES
Tipo: EVENTOS

Instalacións onde se imparte:
ANDAINA:  
- Horarios:
DOM de 09:30 a 12:30
- Lugar: Campus Lagoas - Marcosende
- Idades: Nacidos ata o 31/12/2004
- Máx. Inscricións 150  
CARREIRA INICIACIÓN - 6,6 KM:  
- Horarios:
DOM de 11:00 a 12:30
- Lugar: Campus Lagoas - Marcosende
- Idades: Nacidos ata o 31/12/1999
- Máx. Inscricións 150  
CARREIRA PRO - 10 KM:  
- Horarios:
DOM de 11:00 a 12:30
- Lugar: Campus Lagoas - Marcosende
- Idades: Nacidos ata o 31/12/1999
- Máx. Inscricións 700  
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
1.- Que é?

A carreira/andaina HappyGoRunning - Cidade Universitaria é unha iniciativa da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo na que colaboran entidades como o Concello de Vigo, o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia e a Fundación Galega contra o Narcotráfico.

A carreira de 10 k formará parte do Circuíto RunRun Vigo de Carreiras Populares de xeito que as persoas inscritos/as nesta distancia quedarán inscritos automaticamente no circuíto RunRun Vigo.

Consulta ao pé desta web o Regulamento da HappyGoRunning 2017 para aclarar todas as túas dúbidas sobre a normativa do evento.

2.- Quen pode participar?

As inscricións están abertas a calquera persoa sen problemas de saúde e nadas no ano 1999 ou anterior, no caso da carreira, ou no ano 2004 ou anterior, no caso da andaina.

3.- Distancias e circuítos

As carreiras desenvólvense sobre un circuíto de 3.333 m. que transcorre entre os vieiros interiores do Campus e a entrada á Cidade Deportiva do Círculo Mercantil e Industrial de Vigo.

As persoas participantes escollerán algunha destas distancias:
- 6.6 km. (dúas voltas ao circuíto)
- 10 km. (tres voltas ao circuíto)

O recorrido da andaina terá 10 km de distancia e transcorrerá polo entorno do Campus Universitario.

4.- Cómo inscribirse?:

As inscricións efectuaranse exclusivamente a través desta web. O prazo estará aberto ata as 23:59 h do mércores 19 de abril (límite de prazas: 1000).

- Se aínda non tes conta, crea unha no siguiente enlace CREAR CONTA.
- Autentícate co login e contrasinal recibidos no teu correo electrónico.
- Fai click no boton azul de COMPRA / INSCRICIÓN desta web.
- Cubre o formulario de "información complementaria".
- Fai o pago da túa inscrición.

* Unha vez realizado o pagamento poderás comprobar ao pé desta web que figuras no listado de persoas inscritas.

5.- Formas de pagamento:

- Online con tarjeta bancaria a través de esta web.
- Imprimindo a folla de autoliquidación e pagándoa a través da banca online, dun caixeiro ou dunha sucursal bancaria dalguna das entidades colaboradoras: Caixabank, Banco Santander o Abanca.

6.- Achega solidaria

- 1 € de cada inscrición será destinado a un proxecto solidario da Fundación Galega contra o Narcotráfico.

7.- Acreditación, recollida de dorsais, resultados e clasificacións:

A recollida de dorsais da carreira e a acreditación para a andaina realizarase no Teatro Vidal Bolaño (Área Comercial de Cidade Universitaria). Os números de dorsal así como os resultados e clasificacións poderedes consultalos na web de Championchipnorte.

8.- Premios e agasallos:

- Clasificación Xeral: outorgaranse premios en metálico ás tres primeiras persoas clasificadas de cada xénero na carreira 10 k (400 €, 300 € e 200 €, respectivamente)
- Clasificación Universitaria Galaico-Duriense: outorgarase un agasallo as vinte persoas do campus gañador que acaden unha mellor puntuación nesta clasificación (consultar regulamento específico da Carreira Universitaria ao pé desta web).
- A entrega realizarase no Teatro Vidal Bolaño de Cidade Universitaria ás 12:45 h.

9.- Accesos ao campus e outros servizos (ver planos explicativos máis abaixo):

- Recoméndase acceder ao campus polo vial da Universidade e utilizar os aparcadoiros de dereito economico, telecomunicacións ou CACTI. A Estrada das Plantas estará cortada a altura do Círculo Mercantil polo que quenes accedan por esta ruta deberán tomar o desvío alternativo polo Camiño do Monte ata San Cosme.
- Os vestiarios masculinos estarán situados no paviilón universitario e os femininos no SOOM C.D.U Vigo (piscina universitaria).
- Haberá servizo de ludoteca na cafetería Leonardo da Vinci con posibilidade de participar nunha actividade na piscina (necesario traer traxe de baño e gorro).
- Ao remate da carreira poderase comer por só 4 € no restaurante Di LaMama situado na Área Comercial de Cidade Universitaria S.A. (3 menús a escolller).

10.- Mais información e contacto:

- Correo electrónico:deportes@uvigo.es
- Atención presencial: Edificio de Deportes. Campus Lagoas-Marcosende s/n. CP 36310 Vigo (Pontevedra)

FOTOS
ARQUIVOS
INSCRICIÓNS
INSCRITOS GRUPO ANDAINA
Número Data Insc. Apelidos Nome
INSCRITOS GRUPO CARREIRA INICIACIÓN - 6,6 KM
Número Data Insc. Apelidos Nome
INSCRITOS GRUPO CARREIRA PRO - 10 KM
Número Data Insc. Apelidos Nome
Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
Vigo extension@uvigo.es 986 813 626 | Ourense asc-ou@uvigo.es 988 387 102 | Pontevedra asc-po@uvigo.es 986 801 949
Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal
{