Área de Benestar, Saúde e Deporte

Última modificación: 7 de abril de 2016

Introdución

Estas Condicións de Uso establecen os parámetros baixo os cales a Universidade de Vigo ofrece acceso aos servizos, aplicacións e ferramentas (denominados conxuntamente como “Servizos”) que aparecen nos sitios web www.deporxest.uvigo.es e www.culturxest.uvigo.es.

Quen somos?

A Universidade de Vigo é unha institución de carácter público con domicilio social no Campus Lagoas – Marcosende s/n 36310. Vigo (Pontevedra - España) que, a través do seu Servizo de Extensión Universitaria, ten por obxecto a promoción da actividade física saudable e a cultura entre as persoas pertencentes á súa comunidade universitaria.

Na procura deste obxectivo, a Universidade de Vigo organiza e xestiona inscricións en diferentes actividades deportivas e culturais que se desenvolven tanto en instalacións propias como nas de entidades colaboradoras.

Prezo e modalidades de pagamento

Os prezos expostos neste sitio web preséntanse en euros e inclúen o importe do IVE aplicable en España. O prezo a pagar pola persoa usuaria será o que estea en vigor na data na cal a persoa fixera a inscrición ou a compra do servizo.

A Universidade de Vigo resérvase o dereito de modificar os prezos en calquera momento, seguindo os seus procedementos establecidos, e sen outro requisito a maiores que o de indicar as ditas modificacións neste sitio web. Non obstante, estas modificacións non incidirán nas inscricións xa realizadas antes da entrada en vigor das ditas modificacións.

A Universidade de Vigo ofrece as seguintes opcións de pagamento:
- Tarxetas de débito ou crédito VISA e Master Card.
- Pago en efectivo presentando as follas de pagamento correspondentes nas oficinas bancarias das entidades colaboradoras (ABANCA, Caixabank e Banco Santander).

A Universidade de Vigo non utiliza a información das tarxetas de crédito ou débito dos seus clientes para ningún fin. Estes números nunca estarán en poder da Universidade de Vigo e serán introducidos polo propio cliente nunha pasarela de pago (web) do Banco Santander.

Políticas de cancelación e devolución de taxas

A Universidade de Vigo soamente devolverá as taxas pagadas por unha persoa usuaria no caso de concorrer algunha das causas establecidas na Instrucción Xerencial do 31 de marzo do 2016 pola cal se actualiza o procedemento de devolución de taxas do Deporxest e do Culturxest:

- Cancelación ou modificación por parte da Universidade das datas de celebración, horario ou lugar.
- Comezo dunha relación laboral que sexa incompatible coa realización da actividade (necesario presentar xustificante do contrato ou alta na Seguridade Social).
- Maternidade (con certificado médico).
- Enfermidade grave (con certificado médico).
- Formalización de matrícula una vez completado o número de prazas.
- Aboamento dunha cantidade superior ao prezo do curso como consecuencia de erros materiais ou de cálculo. (Neste caso devolverase a diferenza aboada en exceso) dende a data de comezo do curso.

Esta solicitude presentarse a través das webs www.deporxest.uvigo.es ou www.culturxest.uvigo.es (menú cotas / pagadas / ver+ / solicitar devolución) e deberá realizarse por norma xeral antes da celebración da dita actividade, agás naquelas situacións nas que xustificadamente isto non sexa posible (anulación da actividade por parte da Universidade, enfermidade sobrevida de última hora, etc). Nestes casos, o prazo máximo para presentar a solicitude de devolución será de 30 días dende que a persoa usuaria teña coñecemento da causa ou motivo que lle daría dereito á devolución.

 Idade mínima

A idade mínima para rexistrase neste sitio web é de 14 anos. As persoas menores desta idade deberán facelo sempre a través da conta de usuario/a do seu pai, nai ou titor/a legal. Unha vez cumpridos os 18 anos, as contas destas persoas tuteladas recibirán un login e contrasinal propios, desvincularanse automaticamente das dos seus titores e pasarán a operar de xeito completamente independente.

Seguridade

O proceso de pagamento realízase sobre un servidor seguro utilizando o protocolo SSL (Secure Socket Layer). Este servidor establece unha conexión de modo que a información transmítese cifrada mediante algoritmos de 128 bits, que aseguran que soamente sexa intelixible para o ordenador da persoa usuaria e dos sitios web www.deporxest.uvigo.es e www.culturxest.uvigo.es.

Deste xeito garántese:
- Que a persoa usuaria está comunicando os seus datos ao centro servidor do Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo e non a calquera outro que intentara facerse pasar por este.
- Que entre a persoa usuaria e o centro servidor os datos se transmiten cifrados, evitando a súa posible lectura ou manipulación por terceiros.

Aceptación dos termos e condicións de uso

Para poder utilizar os nosos servizos, deberá aceptar previamente os Termos e Condicións de Uso. A Universidade de Vigo entende que a aceptación destes Termos e Condicións de Uso constitúe tamén a aceptación por parte da persoa usuaria dos Regulamentos e Normativas da Universidade de Vigo que lle sexan de aplicación.

Cambios nos termos e condicións de uso

A Universidade de Vigo resérvase o dereito a realizar modificacións nos Termos e Condicións en calquera momento. Por tal motivo, vostede deberá revisar os Termos e Condicións regularmente para comprobar as ditas modificacións. A versión modificada dos Termos e Condicións serán publicados en www.deporxest.uvigo.es e www.culturxest.uvigo.es.

Política de privacidade

As persoas usuarias comprométense a navegar pola páxina web e a utilizar o seu contido de boa fe.

En cumprimento do establecido na Ley Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Personal, informámoslle de que a cumprimentación de calquera formulario existente nos sitios web www.deporxest.uvigo.es e www.culturxest.uvigo.es.

ou a remisión dun correo electrónico a calquera das nosas direccións implica a aceptación desta política de privacidade, así como a autorización ao Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo para que trate os datos persoais que nos facilite, que serán incorporados ao ficheiro, titularidade da Universidade de Vigo, inscrito no Registro General de la Agencia Española de Protección de Datos.

A Universidade de Vigo comprométese a gardar a máxima reserva e confidencialidade sobre a información que lle sexa facilitada e a utilizala unicamente para as fins indicadas.

A Universidade de Vigo presume que os datos foron introducidos polo titular ou pola persoa autorizada por este, así como que son correctos e exactos. Correspóndelle ás persoas usuarias a actualización dos seus propios datos.

En calquera momento, a persoa usuaria terá o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos seus datos persoais incluídos nos distintos formularios de alta. Para modificar ou actualizar os seus datos persoais de contacto (teléfono, correo electrónico, enderezo postal) ou de acceso (contrasinal) deberá acceder ao apartado "Miña Conta / Datos de contacto" dos sitios www.deporxest.uvigo.es e www.culturxest.uvigo.es.

Para cancelar unha conta ou modificar o NIF/CIF, nome, apelidos, data de nacemento ou xénero deberá remitir un correo electrónico a lopd.extensionuniversitaria@uvigo.es identificándose debidamente (copia escaneada do NIF / CIF, pasaporte ou carné de conducir) e indicar de forma clara o concreto dereito que se exerce.

Conforme a lexislación vixente en materia de protección de datos, a Universidade de Vigo adoptou os niveis de seguridade adecuados aos datos facilitados polas persoas usuarias e instalou, ademais, todos os medios e medidas ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado ou extracción dos ditos datos.

Queixas, suxestións e parabéns

No seguinte enlace as persoas usuarias poderán realizar as queixas, suxestións e parabéns que consideren oportunas.

Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
Vigo extension@uvigo.es 986 813 626 | Ourense asc-ou@uvigo.es 988 387 102 | Pontevedra asc-po@uvigo.es 986 801 949
Termos, condicións de uso e política de privacidadeAviso Legal